Convocatoria para a contratación de persoal para o grupo operativo da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, SA (TUSSA)
O Consello de Administración da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago (TUSSA), en sesión celebrada o 10 de xullo de 2026 aprobou as bases reguladoras para a contratación de DÚAS PRAZAS DO GRUPO OPERATIVO da Sociedade (nivel retributivo IV), para as categorías de axente de aparcadoiro, axente de depósito, axente de estación e controlador/a.
As bases que rexen a convocatoria pódense recoller en TUSSA, na rúa Clara Campoamor, s/n, CP 15702 Santiago de Compostela (na estación intermodal), de luns a venres laborables, entre as 9.00 e as 14.00 horas, ou pódense descargar directamente desta web.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.