O servizo de transporte urbano chegará á Almáciga a partir do próximo luns

Bus
A partir do vindeiro luns 1 de decembro, a liña P1 do transporte urbano (Figueiras – San Caetano) incorporará no seu percorrido unha parada na rúa de Touro.

Deste xeito, subirán ata a rúa de Touro as viaxes da liña P1 circulando con saída de Figueiras – rúa da Senra e destino a pza. de Camilo Díaz Baliño (sentido norte de circulación).

Os usuarios poderán empregar a parada para baixar na zona nas viaxes desde o centro da cidade, así como subir ao autobús con destino a San Caetano e realizar unha posterior viaxe cara o centro abonando un único billete.

No documento anexo pódense consultar os servizos con parada así como as horas aproximadas de paso pola mesma:

Horarios e servizos do transporte urbano á Almáciga

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220