Debido ás obras que se están realizar na rúa Anxo Casal, as liñas 5, C2,C4 e P1 verán alterados os seus percorridos do 1 ao 15 de outubro de 2026.
A partir do próximo xoves día 1 de outubro de 2026 e ata o día 15 do mesmo mes, a rúa Anxo Casal (dirección San Caetano) permanecerá pechada ao tráfico de autobuses. Por tal motivo as paradas de Anxo Casal dirección San Caetano e Praza Camilo Díaz Valiño, estarán sen servizo, así mesmo a parada de San Caetano dirección saída permanecerá inactiva para a liña C2.