1. QUEN É O RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS teus DATOS?
SOCIEDADE MUNICIPAL DE XESTION DO TRANSPORTE URBANO DE SANTIAGO, S.A., con CIF: A15692890, é o responsable do tratamento dos datos. Estes datos serán tratados de conformidade co disposto nas normativas vixentes sobre protección de datos persoais.
É posible que existan outros responsables ou terceiros nos tratamentos que realizamos, nese caso sempre informaremos de quen é o/a responsable do tratamento dos mesmos, así como dos seus datos de identificación.
2. QUE DATOS PERSOAIS TRATAMOS?
A aplicación MAISBUS non recolle datos persoais das persoas usuarias, tales como datos identificativos ou de uso da devandita aplicación, que permitan identificar á persoa interesada.
Para facer uso de todas as súas funcionalidades, a aplicación pode requirir activar determinados permisos ao usuario. Desta maneira, o usuario poderá permitir o acceso á xeolocalización do seu dispositivo coa finalidade de ofrecer información en tempo real sobre o transporte público en Santiago de Compostela (paradas máis próximas, horarios de autobuses, #etc).
A xestión do permiso de xeolocalización do dispositivo farase de forma individual, podendo o usuario:
· Permitir o acceso á xeolocalización do dispositivo unicamente cando a aplicación estea en uso
· Permitir o acceso á xeolocalización do dispositivo sempre, mesmo cando non se estea facendo uso da aplicación
· Non permitir o acceso á xeolocalización do dispositivo
De rexeitar a súa activación, non poderá facer uso desas funcionalidades. O permiso será requirido de novo cando acceda de novo ou queira facer uso da mesma.
Poderá retirar o permiso outorgado ou xestionar as súas preferencias en calquera momento a través da configuración do seu dispositivo.
3. CAL É A LEXITIMACIÓN DO TRATAMENTO?
A base da lexitimación do tratamento de datos será o consentimento expreso do usuario, ao permitir a xeolocalización do dispositivo.
4. Os teus DATOS SERÁN COMUNICADOS A TERCEIROS?
Informámoslle que a aplicación usa servizos de terceiros que poden solicitar información utilizada para identificalo.
SOCIEDADE MUNICIPAL DE XESTION DO TRANSPORTE URBANO DE SANTIAGO, S.A non será responsable dos datos que se poidan chegar a solicitar a través destes servizos. É por isto que o usuario deberá revisar as condición e políticas de privacidade dos seguintes servizos:
· Firebase Analytics, rexistro das funcionalidades máis empregadas, número de usuario que usan a app.
· Firebase Crashlytics, rexistro de erros que poidan ocorrer na aplicación
5. ONDE INFORMAMOS?
Para máis información sobre o tratamento dos seus datos, pode consultar a nosa política de privacidade na seguinte ligazón: https://tussa.gal/gl/privacidad
6. ACEPTACIÓN E CAMBIOS NESTA POLÍTICA DE PRIVACIDADE
Ao descargar e facer uso da aplicación manifesta haber lido e estar conforme coas condicións sobre a protección de datos de carácter persoal contidas nesta política de privacidade.
SOCIEDADE MUNICIPAL DE XESTION DO TRANSPORTE URBANO DE SANTIAGO, S.A. resérvase o dereito para modificar a presente política de privacidade, de acordo ao seu propio criterio, ou motivado por un cambio lexislativo, xurisprudencial ou doctrinal da Axencia Española de Protección de Datos. Os cambios ou actualizacións desta política de privacidade non serán notificados de forma explícita ao usuario. Recoméndase ao usuario consultar esta páxina de forma periódica para estar ao tanto dos últimos cambios ou actualizacións.
Esta política de privacidade foi actualizada para adaptarse ao Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RGPD) e á Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.
Este documento de Política de Privacidade foi revisado con data de: 03/02/25