Consulten os servizos de transporte para asistir ao festival "Jaleo" o sábado 11 de abril no multiusos Fontes do Sar.
*Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa da Rosa ata o multiusos Fontes do Sar entre as 16:30 e as 22:30.
*Liña C11: frecuencia o sábado pola tarde de 15'. Entre as 16:30 e as 22:30 (horas por Xeneral Pardiñas), prolongaranse todos os servizos ao multiusos. No resto de horarios, a liña conta con parada próxima ao multiusos na rúa Londres, cruce con Fontes do Sar. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas nº 7 e nº 35, praza de Galicia, Ensinanza e Virxe da Cerca.
*Ao remate do concerto manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa da Rosa.