RENOVACIÓN DE TARXETAS DE MUNICIPIO ANO 2026
Estamos á espera de recibir a relación revisada polo Departamento de Tráfico do Concello de Santiago, para poder abrir o prazo de renovación das Tarxetas de Residentes de Municipio para o ano 2026.
En canto a teñamos anunciaremos as datas definitivas para poder facer o trámite. Será como sempre, nas oficinas de TUSSA na Estación de Autobuses.